jueves, 14 de mayo de 2009

Ramón Piñeiro será o homenaxeado nas Letras Galegas 2009

A Real Academia Galega decidiu que este ano se lle dedique o día das letras galegas ao escritor, ensaísta e tradutor Ramón Piñeiro. Con esta decisión destacouse a dedicación total e desinteresada na defensa de Galicia e a cultura desta, por parte deste gran galego.

Cabe salientar que os seus traballos sobre pensamento e filosofía, dedicados sobre todo á saudade, e as súas traducións supuxeron un paso decisivo para a normalización do galego como lingua con capacidade para expresarse en tódolos campos do saber.

Este escritor logrou que o galego fose algo máis que unha simple lingua rural ou poética, e tivo gran influencia nalgunhas xeracións de galeguistas.

Dentro da súa produción ensaística temos que destacar Olladas no futuro, Galicia, A linguaxe e as linguas e Lembrando a Castelao, onde atopamos as ideas fundamentais do seu pensamento, e nas que xa deixa clara a necesidade da reafirmación de Galicia como “camiño fundamental para a súa realización como pobo”.

Pero a principal razón pola que se lle concedeu este premio a Ramón Piñeiro é porque, segundo a academia, é o impulsor da normalización do galego nos difíciles anos da posguerra, o que quedou recollido en numerosos artigos e actividades, entre a que destaca a publicación do Dicionario Enciclopédico de Don Eladio González.

Como director literario da editorial Galaxia contribuíu á publicación dunha gran cantidade de libros en galego.

Segundo a RAE tamén destaca como animador cultural galeguista con actividades como a colección Grial ou a Revista Galega de Cultura, na que se recolleu gran parte do traballo ensaístico da posguerra.

Xa en 1967 foi elixido como membro numerario da RAE. En 1983 participou na creación do Consello da Cultura Galega, do que foi o primeiro presidente, cargo que ocupou ata a súa morte.

Rosa Borrajo



No hay comentarios.:

Publicar un comentario