jueves, 14 de mayo de 2009

Ramón Piñeiro será o homenaxeado nas Letras Galegas 2009

A Real Academia Galega decidiu que este ano se lle dedique o día das letras galegas ao escritor, ensaísta e tradutor Ramón Piñeiro. Con esta decisión destacouse a dedicación total e desinteresada na defensa de Galicia e a cultura desta, por parte deste gran galego.

Cabe salientar que os seus traballos sobre pensamento e filosofía, dedicados sobre todo á saudade, e as súas traducións supuxeron un paso decisivo para a normalización do galego como lingua con capacidade para expresarse en tódolos campos do saber.

Este escritor logrou que o galego fose algo máis que unha simple lingua rural ou poética, e tivo gran influencia nalgunhas xeracións de galeguistas.

Dentro da súa produción ensaística temos que destacar Olladas no futuro, Galicia, A linguaxe e as linguas e Lembrando a Castelao, onde atopamos as ideas fundamentais do seu pensamento, e nas que xa deixa clara a necesidade da reafirmación de Galicia como “camiño fundamental para a súa realización como pobo”.

Pero a principal razón pola que se lle concedeu este premio a Ramón Piñeiro é porque, segundo a academia, é o impulsor da normalización do galego nos difíciles anos da posguerra, o que quedou recollido en numerosos artigos e actividades, entre a que destaca a publicación do Dicionario Enciclopédico de Don Eladio González.

Como director literario da editorial Galaxia contribuíu á publicación dunha gran cantidade de libros en galego.

Segundo a RAE tamén destaca como animador cultural galeguista con actividades como a colección Grial ou a Revista Galega de Cultura, na que se recolleu gran parte do traballo ensaístico da posguerra.

Xa en 1967 foi elixido como membro numerario da RAE. En 1983 participou na creación do Consello da Cultura Galega, do que foi o primeiro presidente, cargo que ocupou ata a súa morte.

Rosa Borrajo



Vida e Obra de Ramón Piñeiro

O día das letras galegas deste ano adícase a Ramón Piñeiro, loitador incansable pola defensa da cultura galega e de seu recoñecemento dende o exterior.

A ampla obra e súas aportacións a Galicia fanlle merecedor deste 17 de maio.


Vida

Nado en Láncara (Lugo) en 1915, estudou bacherelato na cidade.

A leitura de El Pueblo Gallego desperta nel unha grande interese polo movemento político e cultural de Galicia, e ingresou nas xuventudes do Partido Galeguista, a través das cales participou no comité provincial que colaborou na celebración do referéndum sobre o Estatuto de Autonomía de Galicia de 1936.

Durante a Guerra Civil tivo que alistarse no bando nacional para evitar represalias, anque sería encarcelado anos máis tarde.

Terminada a guerra estudou Filosofía e Letras en Santiago de Compostela.

Formou parte das Mocedades Galeguistas, e na democracia foi tamén diputado independente do Parlamento de Galicia formando parte da lista do PSdeG-PSOE.

Foi un dos fundadores e primeiros directores da editorial Galaxia e da revista

Grial.

En 1967 ingresa na Real Academia Galega co importante discurso A lingoaxe i as lingoas.

En 1983 convértese no primeiro Presidente do Consello de Cultura Galega.


Pensamento

Como intelectual, súa principal actividade foi a de intentar despoxar ao galeguismo do seu compoñente político, para centralo no seu compoñente cultural (esta tendencia coñeceuse como piñeirismo). Neste senso, apelou á saudade (concepto o que adicou varios estudos o longo da súa vida), a paixase e o humor como fundamentos da identidade dos galegos e esencia de Galicia.

Piñeiro concebía a saudade como un sentimento sin obxecto e sin relación algunha co pensamento ou a vontade.

Este concepto influenciado pola filosofía é un sentimento de soedade ontolóxica, isto é, un sentimento derivado da singularización do ser.


Obra

A súa obra escrita repártese entre traballos de índole filosófica (con especial atención o tema da saudade que trata dende unha perspectiva existencialista heideggeriana) e traballos de orientación lingüístico-literaria (centrados nos problemas do proceso de normalización da lingua galega). Foi pioneiro tamén na tradución de obras noutros idiomas distintos o galego, entre as que destaca Da esencia da verdade (1956), de Heidegger

Nos anos 50 publica varios ensaios como: Significado metafísico da Saudade (1951), A saudade en Rosalía (1952) o Para unha filosofía de saudade (1953).

Invitado por diversas universidades participa en congresos, coloquios e conferencias. En 1984, estas obras foron integradas xunto con A Filosofía e o Home e Saudade e Sociedade, nun só volumen, baixo o título A Filosofía da Saudade.

En 1951 traduce o galego con Celestino Fernández de la Vega, o Cancioneiro da Poesía Céltica de Julius Pokorny.

En 1956 publican en Galaxia a conferencia Von Wessen der Wahrkeit de Martin Heidegger baixo o título galego Da esencia da verdade.

Súa labor ensaística está recollida parcialmente nos libros: Olladas no futuro, Galicia, A linguaxe e as lenguas ou Lembrando a Castelao. Onde destácase a necesidade de reafirmación cultural de Galicia como camino fundamental para súa realización como pobo.

Ana Pintos



Día Das Letras Galegas

O Día das Letras Galegas é una celebración instituída en 1963 pola Real Academia Galega para homenaxear a aquelas persoas que destacasen pola súa creación literaria en idioma galego, ou pola súa defensa de dita lingua. Cada ano adícase a unha persoalidade diferente escollida pola Real Academia Galega, tendo en conta que exísense alo menos dez anos dende o seu falecemento.

Dende a instauración desta celebración cultural, somente en 1998 houbo unha adicación conxunta ós poetas medievais Martín Codax, Xohán de Cangas e Mendinho, famosos polas súas cantigas.

A data de celebración deste evento, o 17 de maio, débese a que en tal día como ése, no 1863, publicouse na Habana o primeiro exemplar da obra Cantares Galegos de Rosalía de Castro que marcaría o inicio do "Rexurdimento", o renacemento cultural do galego.

Este ano adícase o día das letras galegas a Ramón Piñeiro López.

Outras figuras as que se lle adicaron este día son:

1963 - Rosalía de Castro

1964 - Alfonso Daniel Rodríguez Castelao

1965 - Eduardo Pondal

1967 - Manuel Curros Enríquez

1976 - Ramón Cabanillas

1977 - Antón Villar Ponte

1980 - Alfonso X el Sabio

1981 - Vicente Risco

1985 - Antón Losada Diéguez

1988 - Ramón Otero Pedrayo

1989 - Celso Emilio Ferreiro

1990 - Luis Pimentel

1991 - Álvaro Cunqueiro

1993 - Eduardo Blanco Amor

1994 - Luis Seoane

1995 - Rafael Dieste

1997 - Ánxel Fole

1999 - Roberto Blanco Torres

2000 - Manuel Murguía

2002 - Fray Martín Sarmiento

2003 - Antón Avilés de Taramancos

2004 - Xaquín Lorenzo Fernández, Xocas

2007 - María Mariño

2008 - Xosé María Álvarez Blázquez

Ana Pintos



Artigo de Opinión

O que todo o mundo saberá é que Ramón Piñeiro é o homenaxeado no Día das Letras Galegas do 2009, pero o que moitos descoñecen é que para el a saudade era un dos fundamentos da identidade galaico-portuguesa. Piñeiro aseguraba, non sen razón, que este sentimento convertérase nun gran misterio diante da curiosidade dos alleos.

Coa teima de achar unha explicación para a saudade reduciuse a outros sentimentos como a nostalxia, a melancolía, etc. Pero con todo sigue conservando ese certo carácter de misterio porque non nos é posíbel comprender e explicar o seu significado de xeito concreto. Isto é, claro está, sen igualala a algunhas das palabras antes mencionadas.

Segundo Piñeiro, a saudade e a morriña non son a mesma cousa aínda que decote se confundan. A morriña é o equivalente galego da melancolía, un sentimento de tristura. Pola súa banda a saudade non fai referencia á tristura, pero pode estar asociado a este sentimento debido a que o seu carácter depresivo favorece a interiorización, achega á intimidade e, polo tanto, ten certo punto de contacto coa saudade. O mesmo ocorre coa súa relación coa lembranza da paisaxe, que tamén se tomou como esencial na explicación da saudade, esquecendo que esta dáse estando mesmo na terra que lonxe dela. Pero a evocación da paisaxe, ó crear conciencia de lonxanía, favorece a sensación de soidade, conduce á intimidade e pode levarnos á experiencia da saudade.

Polo tanto, o noso autor conclue que a saudade é a vivencia espontánea da pura intimidade do ser humano, fonda, escura, e pasiva; e por outra banda, é unha característica típica do mundo galaico-portugués, debido a que na súa configuración espiritual común predomina a dimensión sentimental.

Disto último non estou segura, predomina realmente esta dimensión sentimental? Quizais teña que ver co pasado do pobo galego, coa emigración, co sentimento da terra ou...quizais non.

Ariana Carro


Entrevista a Xabier Quiroga

Xabier Quiroga (O Saviñao, 9 de maio de 1961) é escritor e profesor de secundaria e bacharelato de Lingua Galega do IES Laxeiro de Lalín.

1.¿Deu algunha clase especial con mor das letras galegas?

Si, presentei ó homenaxeado e fixemos traballos sobre el durante unha semana.

2.¿Coñecían os alumnos a Ramón Piñeiro con anterioridade?

Non, a maioría deles sabían que eran escritor, pero non eran capaces de dar o nome dalgunha obra súa, nin clasificalo nalgún estilo.

3.¿Que traballos fixeron na aula sobre el?

Lemos obras e fixemos unha pequena exposición na entrada do instituto con fotos e libros de Ramón Piñeiro.

4.¿Impulsou o instituto algunha outra actividade?

Os alumnos de plástica debuxaron ó escritor nun mural, nunha das paredes do centro onde tamén está Avilés de Taramancos, e acompañárono cunha das frases máis coñecidas de Ramón Piñeiro.

5.¿Que destacarías de Ramón Piñeiro?

Foi un gran impulsor da normalización do galego nos anos difíciles da posguerra. Crear unha normativa foi clave para que o galego sexa o que é hoxe en día, unha lingua.

Maria Blanco



miércoles, 13 de mayo de 2009

Concurso Individual: ¿Estás posto ó día nas Letras Galegas?

Esta sección está pensada para rapaces de entre 12 e 16 anos. Os 10 primeiros rapaces que recheen o cuestionario correctamente serán agasallados cunha camiseta co logo da nosa páxina. Ao finalizar o cuestionario, presionen a tecla "enviar resposta" e comeza a xogar cos teus coñecementos!

1. ¿A que autor galego, formado antes da Guerra Civil, se lle adicou o día das letras Galegas?
- Manuel Antonio
- Anxen Fole
- Carlos Casares

2. ¿Que obra foi pioneiran na traducción ó galego, por Ramón Piñeiro?
- "Da esencia da verdade" de Heidegger.
- "A elegancia do ourizo" de Muriel Barbery
- "O caderno Dourado" de Doris Lessing

3. No ano 1983, Ramón Piñeiro converteuse en...
- ... membro da Real Academia Galega.
- ... Presidente do Consello de Cultura Galega.
- ... accionista do Banco Santander. SA

4. ¿Que editorial coofundou Ramón Piñeiro?
- Editorial Galaxia
- Revista ¡Hola!
- Editorial Laoivento




Concurso de Centros de Ensino

Forma un grupo cos teus compañeiros de aula e participa:

Graba un vidio no que ti e os teus compañeiros representedes algo sobre o autor do mes: Ramón Piñerio. Dámosque unhas ideas: representa unha das súas obras, recrea parte da súa vida...
Envia o teu traballo a dirección que aparece máis abaixo e participaredes nunha viaxe para 10 persoas. O premio consiste nunha fin de semana nalgún parque temático. Ademáis, tódolos traballos serán agasallados cun lote de libros para o centro!




Dirección:
Aprende Xogando
Rúa Castelao, nº12
Santiago de Compostela